Reli3º

A ensinanza   da   Relixión   contribúe   ó   desenvolvemento duns coñecementos, valores   e actitudes  que  conforman  o  currículo  e  favorece  a  formación integral do alumnado.

A  contribución desta área á formación integral concrétase especialmente no desenvolve- mento da capacidade transcendente do alumnado, facilitándolle   unha proposta de sentido último para a súa vida e iluminando o fundamento daqueles valores comúns que fan posible unha convivencia libre, pacífica e solidaria.