A ensinanza da Relixión contribúe ó desenvolvemento duns coñecementos, valores e actitudes que conforman o currículo e favorece a formación integral do alumnado.
A contribución desta área á formación integral concrétase especialmente no desenvolve- mento da capacidade transcendente do alumnado, facilitándolle unha proposta de sentido último para a súa vida e iluminando o fundamento daqueles valores comúns que fan posible unha convivencia libre, pacífica e solidaria.